O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas por importe igual ou superior a 3.000 €, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao cal se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención, e así o recolle no artigo 25.1 da convocatoria de referencia, en consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ás entidades galegas no exterior que figuran no anexo I e no anexo II, por importe igual ou superior a 3.000 €, ao abeiro da seguinte convocatoria
Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2019 (DOG núm. 29, do 11 de febreiro de 2019).
Crédito orzamentario: 575.000 € con cargo a aplicación 04.30.312C.781.0, Axudas para conservación, obras, equipamentos e infraestrutura das súas instalacións.
Finalidade:
– Programa A. Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural. Contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen nas obras de ampliación, reforma, rehabilitación, conservación e restauración, destinadas á mellora das súas instalacións e/o patrimonio cultural.
– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable: contribuír ao financiamento da adquisición de dotacións e equipamentos que melloren as condicións en que se desenvolvan as actividades asociativas.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2019
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
Anexo I
Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para obras ampliación, reforma, rehabilitación e conservación da instalación e/ou do seu patrimonio cultural:
| Cód. | Entidade | Localidade | País | Subvención concedida (€) | 
| 4 | Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo | Barakaldo | España | 11.766 | 
| 19 | Casa Cultural de Galicia As Burgas | Eibar | España | 5.442 | 
| 25 | Casa de Galicia de Las Palmas | Las Palmas de Gran Canaria | España | 15.347 | 
| 39 | Centro Galicia en Ponferrada | Ponferrada | España | 4.200 | 
| 49 | Casa de Galicia en Guipúzcoa | San Sebastián | España | 9.093 | 
| 56 | Lar Gallego de Sevilla | Sevilla | España | 3.183 | 
| 61 | Centro Gallego en Álava | Vitoria | España | 3.154 | 
| 75 | Centro Galego de Nürnberg e.V. | Nuremberg | Alemaña | 3.236 | 
| 120 | Residentes de El Grove en Buenos Aires | Avellaneda | Arxentina | 5.640 | 
| 125 | Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión | Bos Aires | Arxentina | 10.200 | 
| 139 | Asociación Centro Betanzos | Bos Aires | Arxentina | 3.453 | 
| 141 | Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo | Bos Aires | Arxentina | 11.555 | 
| 159 | Centro Gallego de Mar del Plata | Mar del Plata | Arxentina | 9.664 | 
| 162 | Centro Gallego de Santa Fe | Santa Fe | Arxentina | 9.751 | 
| 165 | Club Español de Niteroi | Itaipú-Niteroi | Brasil | 6.964 | 
| 167 | Casa de España de Río de Janeiro | Río de Xaneiro | Brasil | 6.651 | 
| 169 | Sociedade Espanhola de Beneficencia | Río de Xaneiro | Brasil | 11.733 | 
| 176 | Centro Espanhol e Repatriação de Santos | Santos | Brasil | 6.808 | 
| 187 | Federación de Sociedades Gallegas de Cuba | A Habana | Cuba | 5.775 | 
| 188 | Sociedad Cultural Rosalía de Castro | A Habana | Cuba | 4.790 | 
| 200 | Centro Orensano Social Club | Newark | Estados Unidos | 5.280 | 
| 205 | Centro Gallego de México, Asociación Civil | México D.F. | México | 15.000 | 
| 207 | Sociedad Española de La Chorrera | La Chorrera | Panamá | 3.591 | 
| 212 | Centro Social, Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor | Montevideo | Uruguai | 3.469 | 
| 213 | Centro Gallego de Montevideo | Montevideo | Uruguai | 11.271 | 
| 220 | Hogar Español | Montevideo | Uruguai | 14.245 | 
| 221 | Patronato da Cultura Galega | Montevideo | Uruguai | 6.020 | 
| 232 | Hermandad Gallega de Venezuela | Caracas | Venezuela | 14.550 | 
| 234 | Centro Gallego de Maracaibo | Maracaibo | Venezuela | 10.972 | 
| 239 | Hermandad Gallega de Valencia | Valencia | Venezuela | 14.231 | 
| 259 | Casa de Galicia do Centro Espanhol do Paraná de Beneficiência e Cultura | Curitiba | Brasil | 5.085 | 
| 357 | Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada | Río de Xaneiro | Brasil | 9.959 | 
| 382 | Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia en Buenos Aires | Bos Aires | Arxentina | 6.647 | 
| 448 | Agrup. Sociedades Repres. de Municipios y Parroquias de Galicia | A Habana | Cuba | 13.905 | 
| 588 | Centro Recreativo Cultural Ourense | Münchenstein | Suíza | 3.750 | 
| 593 | Asociación Unión de Asociaciones Gallegas de Catalunya | Barcelona | España | 16.520 | 
| 595 | Xuntanza de Asociacións Galegas en Catalunya | Cornellá de Llobregat | España | 10.506 | 
Anexo II
Programa B. Axudas a entidades galegas no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable:
| Cód | Entidade | Localidade | País | Subvención concedida (€) | 
| 13 | Casa de Galicia en Bilbao | Bilbao | España | 10.800 | 
| 59 | Centro Gallego de Valencia | Valencia | España | 3.009 | 
| 60 | Casa de Galicia en Valladolid | Valladolid | España | 3.322 | 
| 70 | Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V. | Hamburgo | Alemaña | 7.280 | 
| 118 | Asociación Civil Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de La República Argentina | Avellaneda | Arxentina | 5.364 | 
| 148 | Hogar Gallego para Ancianos | Bos Aires | Arxentina | 6.355 | 
| 198 | Unidad Gallega de los EE.UU. (Unity Gallega Of The U.S.Inc) | Astoria | Estados Unidos | 4.690 | 
| 210 | Casa de Galicia de Montevideo | Montevideo | Uruguai | 10.800 | 
| 216 | Centro Pontevedrés Social y Deportivo | Montevideo | Uruguai | 3.950 | 
| 237 | Centro Gallego de Puerto La Cruz | Lechería | Venezuela | 8.893 | 
| 594 | Asociación Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia | Barcelona | España | 3.033 | 

 
					
