Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de decembro de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 46/2019-CO e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas, relacionadas no anexo o acto que se indica, despois de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen do prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren este acto na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 3 de decembro de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

46/2019-CO

B24719387

Resolución

75/2019-CO

32721290H

Resolución

83/2019-CO

A59575365

Resolución

87/2019-CO

47375625H

Resolución