Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución de varios expedientes de procedementos de nomeamento de veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a resolución dos expedientes de procedementos de nomeamento de veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e ao non ser posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que a persoa interesada se entenderá notificada desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non finaliza a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto notificado

Acto adoptado pola

José Pedreira García

VA-97

Resolución

Directora xeral

Georgina Díaz Fernández

VA-151

Resolución

Directora xeral

Laura Guillén Taboada

VA-171

Resolución

Directora xeral

Raúl Castro Berzosa

VA-177

Resolución

Directora xeral

Begoña Sierra Sánchez

VA-454

Resolución

Directora xeral

María Luisa Riera Burger

VA-477

Resolución

Directora xeral

María Suárez Fernández

VA-498

Resolución

Directora xeral

Roser Cervera Rotllant

VA-520

Resolución

Directora xeral

Sonia Otero López

VA-566

Resolución

Directora xeral