Con data do 5 de decembro de 2019, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, adoptou o seguinte acordo de aprobación da oferta de emprego público 2019, dentro do marco do proceso extraordinario de estabilizacion de emprego temporal (expediente 858/19):
Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello, dentro do marco do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:
– Persoal funcionario:
Denominación posto |
Escala |
Subescala |
Grupo |
Subgrupo |
Nº prazas |
Observacións |
Arquitecta |
Administración especial |
Servizos especiais |
A |
A1 |
1 |
Estabilización de emprego temporal |
Auxiliar administrativa |
Administración xeral |
Auxiliar |
C |
C2 |
2 |
Estabilización de emprego temporal |
Director/a psicólogo/a CIM |
Administración especial |
Técnica administración especial |
A |
A1 |
1 |
Estabilización de emprego temporal |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Administración especial |
Xestión administración especial |
A |
A2 |
1 |
Estabilización de emprego temporal |
– Persoal laboral:
Denominación posto |
Nivel |
Titulación |
Nº prazas |
Observacións |
Traballadora social |
II |
Diplomatura |
1 |
Estabilización de emprego temporal |
Técnica de Xuventude, Orientación Laboral e responsable da OMIX |
II |
Diplomatura |
1 |
Estabilización de emprego temporal |
Segundo. Que se publique na páxina web do concello, no taboleiro de anuncios da Corporación, no DOG e no BOPPO.
Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego do exercicio 2019 dentro do prazo improrrogable de tres anos, que se contará desde a data de publicación.
Soutomaior, 9 de decembro de 2019
Agustín Reguera Ocampo
Alcalde