Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54171

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2019, adoptada polo tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018.

En sesión que tivo lugar o 12 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), acordou, de conformidade co disposto nas bases que rexen a presente convocatoria:

Primeiro. Visto que este tribunal reunido en sesión do día 21 de novembro de 2019, co fin de resolver as alegacións presentadas ao abeiro da base II.1.2.7, acordou:

• Anular a pregunta 12 do segundo exercicio, substituíndoa pola pregunta 36 de reserva.

• Anular a pregunta 33 do segundo exercicio, substituíndoa pola pregunta 37 de reserva.

• Recoñecer como a opción correcta da pregunta 36 do segundo exercicio a resposta d).

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2, superaron o segundo exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio aprobados polo tribunal en sesión do 7 de outubro de 2019, e publicados no portal web da Xunta de Galicia, estableceuse que superarían o segundo exercicio as persoas aspirantes que obtivesen un número mínimo de 18 respostas correctas na quenda libre (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta). As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa declarada apta que marque o corte consideraranse igualmente aptas.

Asignaráselles a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha puntuación distribuída entre os vinte (20) e os corenta (40) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 11 aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Cuarto. De acordo coa base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexto. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, estarán exentas de realizar o cuarto exercicio para evidenciar o coñecemento da lingua galega as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posúan o Celga 4 ou o equivalente.

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o segundo exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta del tribunal