Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 53978

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Políticas Culturais, para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2019 en réxime de non concorrencia.

Logo de ver as solicitudes de axudas destinadas a facilitar a participación das galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2019 fóra da comunidade, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a suma total das axudas ascende a corenta a seis mil euros (46.000 €), logo do incremento do crédito orzamentario por concorreren os supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que se librarán con cargo á aplicación 11.20.432B.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2019.

Segundo os criterios sinalados no artigo 10 da Orde do 2 de outubro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras,

RESOLVO:

Conceder as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 9.2, e publicalas no Diario Oficial de Galicia segundo o establecido no artigo 10 da orde.

As galerías subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 14 da orde de convocatoria e quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conforme o artigo 10 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura e Turismo (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpoñer o contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Políticas Culturais

ANEXO

Relación de galerías por orde de entrada de solicitude (acreditado mediante número e hora de entrada no rexistro electrónico)

Solicitante

Feira ou mercado

Data 2019

Axuda concedida

Galería Pm8, S.L.

Frieze New York

Maio

4.000 €

María Jesús Villar Iglesias

Justmad19 Madrid

Febreiro

2.000 €

María Magán Lampón

Art Fair Madrid

Marzo

2.000 €

Justlx Lisboa

Maio

4.000 €

Galería Pm8, S.L.

Fiac Paris

Outubro

4.000 €

María Jesús Villar Iglesias

Estampa19 Madrid

Outubro

2.000 €

Pereiro Arte, S.L

Justmad19 Madrid

Febreiro

2.000 €

María Luisa Pita Díaz

Art Madrid 2019

Marzo

2.000 €

Feria Art Montpellier - Francia

Novembro

4.000 €

Mc Proxectos de Arte, S.L.

Justlx Lisboa

Maio

4.000 €

Justmad19

Febreiro

2.000 €

María Asunción Rodríguez Rodríguez

Justlx Lisboa

Maio

4.000 €

Justmad19 Madrid

Febreiro

2.000 €

Manuel Izquierdo Rodríguez

The Other Art Fair Londres

Outubro

4.000 €

Prolar Arte, S.L.

Sam Madrid

Febreiro

2.000 €

M. Rodríguez y Cía, S.L.

Artmadrid 2019

Febreiro

2.000 €