Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 26 de decembro de 2019 Páx. 54899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de decembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-59/2019 por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador OU-S-59/2019, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido practicar.

Neste mesmo acto designouse instructor do expediente a Manuel Ledo Quintas. O interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador, en materia de turismo, correspóndelle ao xefe da Área Provincial de Ourense, da Axencia de Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

O interesado dispon dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar, ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes, e se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse, advertíndolle que de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo considerarase proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, informáse a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente e calquera momento anterior a resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Ourense, 12 de decembro de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-59/2019.

Titular sancionado: Juan Carlos Iriarte Arte.

Establecemento: Casa do Canteiriño.

Domicilio: San Cosmede, 10.

Localidade: Amoeiro.

Incoación: 30 de outubro de 2019.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: multa de 2.500,00 euros.

Importe da multa coa redución do 20 % de desconto: 2.000 euros.

Importe da multa coa redución do 40 % de desconto: 1.500 euros.