Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 30 de decembro de 2019 Páx. 56031

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle da ordenación da fronte marítima en quinteiro urbano, rúa do Porto número 21-53, Corrubedo, Ribeira.

Aprobado inicialmente o estudo de detalle de ordenación da fronte marítima en quinteiro urbano, rúa do Porto número 21-53, Corrubedo, Ribeira, por acordo da Xunta de Goberno local, en sesión do día 31 de outubro de 2019, nos termos do documento técnico de abril de 2019, redactado por Jesús Alonso Fernández (arquitecto col. 2.831).

Durante o prazo dun mes ábrese un período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e anunciarase, ademais, nun xornal dos de maior difusión na provincia.

Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, na sede electrónica deste Concello.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio afectados pola aprobación inicial do estudo de detalle.

Ribeira, 5 de decembro de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde