Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56231

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se actualizan os anexos VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que, mediante esta resolución, se procede a revisar as codificacións recollidas na orde citada, consonte coa autorización contida no parágrafo segundo da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

• Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

a) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.59.00

Actuacións administrativas encamiñadas a resolver as solicitudes de acreditación no sistema acreditador de formación continuada das profesións sanitarias na Comunidade Autónoma de Galicia:

30.59.01

Por cada actividade formativa de tipo presencial

30.59.02

Por cada actividade formativa de tipo a distancia ou mixta

30.59.03

Por cada reedición de actividades formativas presenciais, a distancia ou mixtas

31.19.10

Inicio actividade de turismo activo

32.25.36

Instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación de vehículos de motor: verificación periódica de cinemómetros de tramo (tramo adicional)

33.09.00

Venda de placas de instalación e inspeccións periódicas de equipamentos de presión

b) Modificando os códigos seguintes:

31.01.00

Actuacións relativas a autorizacións habilitantes para realizar transporte público ou privado complementario de persoas viaxeiras e de mercadorías por estrada, ou para actividades auxiliares e complementarias deste

31.01.01

Outorgamento, transmisión, rehabilitación, cambio de residencia, troca ou modificación da autorización

31.01.05

Outorgamento, modificación ou prórroga de autorizacións para servizos de transporte público regular de viaxeiros de uso xeral

31.01.07

Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada

31.01.15

Homologación de cursos de formación de condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada

c) Eliminando os códigos seguintes:

31.01.02

Visado de cada unha das copias certificadas da autorización, expedicións de copias ou duplicados e modificación

31.01.11

Dilixenciado do caderno de contratos relativos á prestación de servizos en autotaxi iniciados en concello distinto daquel onde teñan a súa residencia

32.65.00

Expedición de placas de instalación e inspeccións periódicas de equipamentos a presión

Segundo. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Santander

Banco Sabadell

Banco Caixa Geral

BBVA

Targobank

Evo Banco

Bankia

Abanca

Ibercaja

Caixabank

Caja Rural Galega

Caja Rural Zamora

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2020.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia