Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56253

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da aprobación provisional e do acordo de sometemento a información pública do estudo de delimitación de treitos urbanos en solo de núcleo rural na rede provincial de estradas, no concello de Vilar de Barrio.

Con data do 18 de novembro de 2019, mediante resolución da Presidencia da Deputación de Ourense, aprobouse provisionalmente o estudo de ordenación da delimitación dos treitos urbanos en solo de núcleo rural na rede provincial de estradas no concello de Vilar de Barrio, e ao abeiro do establecido no artigo 63.4 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, acordouse o sometemento ao trámite de información pública do expediente.

A duración da información pública será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que o estudo pode ser examinado polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as alegacións que consideren oportunas, que deberán versar sobre a xustificación do establecemento da liña límite de edificación na forma proposta no expediente.

Durante o dito prazo, o expediente estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

Nas oficinas da Área de Infraestruturas, sitas no segundo andar do Pazo Provincial, r/ Progreso, nº 32, en Ourense, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Na casa do Concello de Vilar de Barrio.

Na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense: https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PT S_TABLON&lang=GA

Ourense, 28 de novembro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense