Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 91

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 19 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2018 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio terá lugar o día 21 de xaneiro de 2020, nas aulas nº 2 e nº 11 da Escola Galega de Administración pública, situada na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas) en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

Margarita Rodríguez Rama
Presidenta del tribunal