Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 147

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa

ANUNCIO do 9 de decembro de 2019 polo que se convoca o Programa de bolsas de posgrao no estranxeiro.

A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición da 31ª convocatoria do Programa de bolsas de posgrado no estranxeiro. Esta convocatoria está dirixida a titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións de referencia en todo o mundo.

Datas do prazo de inscrición: do 9 de decembro de 2019 ao 10 de febreiro de 2020. Bases e inscrición en www.fbarrie.org

A Coruña, 9 de decembro de 2019

Juan Antonio Rioboo Lata
Interventor xeral da Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa