Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 97

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (753/2018).

Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de xuízo verbal número 753/2018, seguido por instancia de Juan Carlos Rial González fronte a Noelia Garín Iglesias e Sebastián Alfario Moneda Falagan, ditou sentenza, con data do 11 de setembro de 2019, a maxistrada titular Flora Lomo del Olmo, cuxa resolución é a seguinte:

Que estimando en parte a demanda promovida polo procurador Xosé Carlos Castiñeira González, en nome e representación da Fundación José Estévez Estévez, fronte a Sebastián A. Moreda Falagán e Noelia Garín Iglesias, debo condenalos e condénoos a lle aboar a cantidade de 2.727,11 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, sen que proceda efectuar pronunciamento sobre as custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, ante o tribunal que ditase a resolución, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E ao estaren os ditos demandados, Noelia Garín Iglesias e Sebastián Alfario Moneda Falagán, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación.

Vigo, 19 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza