Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 281

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ACORDO do 18 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 pola que se fan públicas as puntuacións e o resultado das alegacións da primeira proba.

A epígrafe II.1.1.1 da Orde do 22 de maio de 2018 recolle que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos. O 12 de novembro de 2019, este tribunal acordou que o número mínimo de respostas exixido para acadar os vinte (20) puntos, cos descontos xa feitos das respostas correctas, é de trinta e seis (36) na quenda libre e de vinte e oito (28) na promoción interna. O 30 de novembro de 2019 celebrouse a primeira proba deste proceso selectivo, e posteriormente, as persoas aspirantes dispuxeron dun prazo para presentar alegacións contra o cuestionario tipo test.

En relación coas alegacións presentadas, este tribunal acordou:

1. Anular as preguntas 2, 9, 38 e 56 de ambas as dúas quendas.

2. Substituír as preguntas anuladas polas preguntas de reserva 91, 92 e 93 na quenda libre e polas preguntas 71, 72 e 73 na de promoción interna. De acordo con isto, o cuestionario queda finalmente formado por 89 preguntas na quenda libre e por 69 preguntas na quenda de promoción interna.

3. Establecer como resposta correcta da pregunta 88 da quenda libre a opción d).

4. Rexeitar o resto de alegacións.

En relación coa corrección das respostas das persoas aspirantes da primeira proba, este tribunal acordou:

1. Manter o número mínimo de respostas para aprobar en trinta e seis (36) e vinteoito (28), consonte os criterios da Resolución do 12 de noviembre de 2019 deste tribunal.

2. Publicar os resultados da corrección do primeiro exercicio no lugar onde se celebrou a primeira proba, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (funciónpublica.xunta.gal).

De acordo coa base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar alegacións ás puntuacións no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, ao abeiro da base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda consonte os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019

Marcos Barreiro González
Presidente do tribunal