Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Teresa Iglesias Vázquez contra Ancor Hispania, S.L., en reclamación de cantidade, rexistrado co número 52/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Ancora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 30.1.2019, ás 10.20 horas e 10.30 horas, na planta baixa, sala 3, edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduada social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.
E para que sirva de citación a Ancora Hispania, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019
A letrada da Administración de xustiza