Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 329

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo excluído de convenio colectivo polo procedemento de concurso:

– 1 praza de xefe/a de división de conservación.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.

Vigo, 19 de decembro de 2019

Enrique César López Veiga
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo