Segundo se establece nos convenios de colaboración asinados entre o Instituto Galego de Promoción Económica e diversas entidades financeiras para operacións acollidas a eles, o tipo de xuro variará por semestres naturais e publicarase no Diario Oficial de Galicia; condición que tamén se establece en distintos programas de axuda do Instituto.
Polo que antecede e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Euríbor, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,
RESOLVO:
Primeiro. Os tipos de xuro de referencia para o primeiro semestre do ano 2020 para as operacións acollidas aos seguintes convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes:
– Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: -0,337 %.
– Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG núm. 133, do 10 de xullo de 2001): -0,337 %.
– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 222, do 15 de novembro de 2004): -0,337 %.
– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 195, do 9 de outubro de 2006): -0,337 %.
– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 101, do 28 de maio de 2007): -0,337 %.
– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 244, do 19 de decembro de 2007): -0,337 %.
– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 58, do 25 de marzo de 2009): -0,337 %.
– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 47, do 4 de marzo de 2008): -0,337 %.
– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Programa Re-Imaxina), liñas 2 e 3 (DOG núm. 148, do 30 de xullo de 2009): -0,337 %.
– Bases reguladoras para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-inviste Ferrol) (DOG núm. 142, do 27 de xullo de 2010, DOG núm. 40, do 28 de febreiro de 2011 e DOG núm. 110, do 7 de xuño de 2012): -0,337 %.
Segundo. As entidades financeiras deberán comunicar aos beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica