Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 287

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de tecnoloxías da información e comunicación polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección na páxina 32066, anexo I, B. Fase de concurso, I. Promoción interna, onde di: «1. Experiencia: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,084 puntos por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción», debe dicir: «1. Antigüidade na Universidade de Vigo: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,084 por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados en calquera categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción».