Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 590

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega das Industrias Culturais

ACORDO do 18 de decembro de 2019 de contratación da persoa seleccionada para a cobertura do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral, Centro Dramático Galego (CDG).

Rematado o proceso de provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral (CDG), de conformidade coa Resolución do 20 de agosto de 2019 (DOG núm. 164, venres, 30 de agosto), pola que se convoca a provisión do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral (CDG), e vista a proposta de contratación elevada polo director ao Consello Reitor da Agadic, en sesión que tivo lugar o día 18 de decembro de 2019,

ACORDA:

A contratación de Francisco Javier Núñez Alonso, mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderase igualmente interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais