Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 798

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 12 de decembro de 2019 e o 20 de decembro de 2019, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 30, 84 e 124. O lugar das dúas primeiras pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 121 e 123. A anulación da pregunta 124 non ten consecuencias por ser a última das preguntas de reserva. Así mesmo, acordouse cambiar a resposta correcta da pregunta 114, que pasa a ser a d) en lugar da b), así como tamén a resposta correcta da pregunta 117, que pasa a ser a a) en lugar da c). Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1. da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesaria unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, no acordo do 18 de novembro de 2019 do tribunal polo que se fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio do proceso selectivo, publicado no portal web de Función Pública da Xunta de Galicia estableceuse que superarán o primeiro exercicio «as persoas aspirantes que acaden a mellor puntuación, ata completar o número máximo de 25, sempre que obtivesen un número mínimo de 60 respostas correctas para a quenda de acceso libre e 45 respostas correctas para a quenda de promoción interna, (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas). Ademais, as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación».

Realizada a corrección do primeiro exercicio en sesión do 20 de decembro de 2019 e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 25 aspirantes no conxunto de todas as quendas, resultando unha nota de corte de 61 respostas correctas, para a quenda de acceso libre, e de 45,75 respostas correctas, para a quenda de promoción interna, asignándolle en ambos casos a valoración de 20 puntos.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, pola quenda de acceso libre e pola quenda de promoción interna, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019

Francisco Rosendo Alonso Fernández
Presidente do tribunal