Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 687

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 12 de decembro de 2019 pola que se acorda a cesión en propiedade de dous vehículos, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, á Confraría de pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz.

O Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón que esta é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo, acuicultura, confrarías de pescadores/as e demais organizacións e asociacións dos/as profesionais do sector, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española.

A Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 82, permite a cesión gratuíta de bens da comunidade autónoma a outras administracións públicas, fundacións públicas e entidades sen ánimo de lucro, sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, quedando obrigado o cesionario a destinar os bens ao fin expresado no correspondente acordo.

A Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, define as confrarías de pescadores de Galicia como corporacións de dereito público, sen ánimo de lucro, dotadas con personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, actuando como órganos de consulta e colaboración da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materias relativas á actividade extractiva e á ordenación do sector pesqueiro, e dispón que se rexerán pola súa lexislación específica.

Mediante escrito de solicitude presentada no rexistro electrónico na data do 22.11.2019, con número de entrada 2019/2352071, a Confraría de pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz (A Coruña) solicitou a cesión en propiedade de dous vehículos Citroën Berlingo con matrículas C-0169-CB e C-0187-CB, dos que é titular a Xunta de Galicia e que están adscritos á Consellería do Mar.

A referida confraría destinará os dous vehículos a fins de utilidade pública ou interese social e, de maneira especial, a mellorar os puntos de control das zonas de extracción dos bancos marisqueiros en autorizacións da entidade co fin de levar a cabo unha extracción responsable e sustentable, polo que cómpre cederlle en propiedade os citados bens mobles.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 27, números 15 e 29, do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Acórdase a cesión en propiedade á Confraría de pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz (A Coruña), dos seguintes vehículos:

Marca: Citroën.

Modelo: Berlingo 19D Combi SX.

Matrícula: C-0169-CB.

Ano de matriculación: 1999.

Bastidor número: VF7MFWJZF65252353.

Marca: Citroën.

Modelo: Berlingo 19D Combi SX.

Matrícula: C-0187-CB.

Ano de matriculación: 1999.

Bastidor número: VF7MFWJZF65264319.

Artigo 2

O presente acordo de cesión leva implícita a desafectación do dominio público dos vehículos que se ceden en propiedade, citados no artigo 1.

Artigo 3

A cesión sinalada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) De conformidade con lo establecido por la Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 82, os bens cedidos destinaraos a entidade cesionaria a fins de utilidade pública ou interese social, de maneira especial, á realización de labores de control e vixilancia dos bancos marisqueiros en autorizacións da entidade.

b) Coa cesión outorgase á Confraría de pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Serán por conta da entidade cesionaria todos os gastos da conservación e mantemento dos bens mobles cedidos.

d) Tanto se os bens cedidos non se aplicasen aos fins sinalados como se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento ou se incumprisen as condiciones do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioración que sufrisen.

e) A entidade cesionaria realizará todos os trámites necesarios para o cambio de titularidade dos bens cedidos na xefatura provincial de Tráfico correspondente e correrán pola súa conta todos os gastos que estes trámites orixinen.

Artigo 4

A cesión formalizarase mediante acta subscrita pola secretaria xeral técnica desta consellería ou funcionario/a en quen delegue e nela deberá constar o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Artigo 5

Corresponde á Consellería do Mar verificar a aplicación dos vehículos citados no artigo 1 ao fin para o que son cedidos, podendo adoptar para isto cantas medidas sexan necesarias.

Disposición derradeira primeira

A Consellería do Mar, a través da Secretaría Xeral Técnica, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar