Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 923

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2019 pola que se aproban e fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir oito prazas na escala técnica superior de Administración.

Pola Resolución reitoral do 1 de outubro de 2019 (DOG do 14 de outubro e BOE do 25 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir 8 prazas na escala técnica superior de Administración da USC, subgrupo A1, catro pola quenda de promoción interna e catro pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, resolvo:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas no taboleiro electrónico da USC e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela