Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para o Planetario-Observatorio Astronómico.

O Pleno do Concello da Veiga, en sesión ordinaria do 5 de decembro de 2019, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para o Planetario-Observatorio Astronómico na Veiga, acordo que se transcribe literalmente:

«Iniciado o expediente para a aprobación do Plan especial de infraestruturas e dotacións, que ten por obxecto o establecemento e a ordenación das infraestructuras a que se refire o artigo 73 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para a implantación do uso e actividade de planetario-observatorio astronómico en solo rústico, no lugar de Campo Raso (monte de Val de Cabrita),

Vista a Resolución do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se formula o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para o Planetario-Observatorio Astronómico no concello da Veiga,

Realizado o trámite de exposición ao público, mediante inserción dos correspondentes anuncios no DOG núm. 186, do 28.9.2019, e realizado o trámite de información pública aos titulares catastrais dos terreos afectados polo plan sen que se tiveran presentado alegacións contra o expediente,

Visto o informe favorable previo á aprobación definitiva da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 25 de setembro de 2019,

Considerando canto antecede e de conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como co disposto no artigo 186 do seu regulamento, o Concello Pleno, por unanimidade dos membros que o constitúen,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar, definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para o Planetario-Observatorio Astronómico na Veiga.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e poñer o contido íntegro do plan á disposición do público no enderezo electrónico https://aveiga.sedelectronica.gal (Portal de Transparencia. Urbanismo).

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de Urbanismo, para a súa inscrición no rexistro do Plan urbanístico de Galicia e achegar un exemplar en soporte dixital debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro».

Contra o acordo de aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen perxuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere prodecente.

O que se publica para xeral coñecemento e para producir os efectos previstos neste acordo.

A Veiga, 16 de decembro de 2019

Juan Anta Rodríguez
Alcalde