Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de decembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreos adquiridos pola comunidade de Santalla de Pena, no concello de Begonte (expediente 10/77).

De acordo co artigo 57.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, as adquisicións de terras por compra deberán ser motivadas pola comunidade veciñal titular no cumprimento dos seus fins, no interese xeral das persoas comuneiras, na defensa dos seus montes e dos seus accesos, no mellor aproveitamento dos recursos ou na mellora ou ampliación do monte veciñal en man común, e requirirá da autorización previa da Administración forestal, que deberá resolver a solicitude de compra no período máximo de tres meses. As terras adquiridas mediante compra serán cualificadas polos respectivos xurados provinciais de montes veciñais en man común como montes veciñais en man común e non poderán ser obxecto de permuta por un período mínimo de vinte anos.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 25.11.2019, figura o seguinte acordo:

Monte de Santalla (expediente 10/77), pertencente aos veciños da parroquia de Santalla de Pena no termo municipal de Begonte. O 14.6.2019, ten rexistro de entrada un escrito de José Manuel Varela Trigo, en representación da comunidade de Santalla (emendado o 21.10.2019), solicitando a autorización para a compra, e a súa incorporación ao monte veciñal, das parcelas catastrais 27007A15800013, 27007A15800121, 27007A15800014 (parcialmente) e 27007A15800020 (parcialmente), adquiridas por compra o 3.5.2019. Esta compra foi autorizada por resolución da xefa territorial da Consellería do Medio Rural do 29.4.2019. Dado traslado do devandito escrito e documentación achegada ao Servizo de Montes, o 23.10.2019 emite un informe (2019_48_adquisición) no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da incorporación, quedando o monte de Santalla cunha superficie de 515 hectáreas. En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común os terreos adquiridos, nas condicións establecidas pola Lei 7/2012 e proceder ás oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe do Servizo de Montes.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 5 de decembro de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo