Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e das bases para a provisión en propiedade de varias prazas do corpo da policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á oferta de emprego público do ano 2019.

A Resolución da Alcaldía nº 1032/2019, do 16 de decembro, corrixida pola Resolución da Alcaldía nº 1037/2019, do 17 de decembro, aprobou as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade de varias prazas do corpo da policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á oferta de emprego público do ano 2019. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicaranse integramente as bases da convocatoria. As prazas teñen as seguintes características:

Praza denominación:

inspector/a de Policía local

Relación de servizo:

funcionario/a de carreira

Escala:

administración especial

Subescala:

servizos especiais

Grupo/subgrupo:

A/A2

Sistema selectivo:

concurso

Quenda de acceso:

mobilidade

Número de prazas:

1

Praza denominación:

axente de Policía local

Relación de servizo:

funcionario/a de carreira

Escala:

administración especial

Subescala:

servizos especiais

Grupo/subgrupo:

C/C1

Sistema selectivo:

concurso

Quenda de acceso:

mobilidade

Número de prazas:

1

A publicidade das demais resolucións, actos e/ou comunicacións que deriven destes procesos selectivos e que se diten dentro do seu desenvolvemento realizaranse mediante publicación no Boletín Oficial da provincia, cando así se determine nas presentes bases, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello: www.teo.gal, sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que, con carácter complementario, se considere oportuno.

Teo, 17 de decembro de 2019

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde