Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2019.

A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 5 de decembro de 2019 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do ano 2019 do Concello de Vilanova de Arousa nos termos que se reflicten no anexo deste acordo.

Segundo. O prazo máximo para a convocatoria dos procesos selectivos incluídos nesta oferta de emprego público será o día 31 de decembro de 2020. En todo caso, deberán desenvolverse dentro do prazo máximo e improrrogable de tres anos contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, segundo o establecido no artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Vilanova de Arousa, 5 de decembro de 2019

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde

ANEXO

Persoal funcionario

Denominación do posto: inspector-xefe do corpo da policía local.

Número de postos: 1.

Subgrupo: A2.

Escala/subescala: corpos de policía local de Galicia. Escala executiva. Categoría de inspector.

Tipo de provisión: mobilidade. Concurso de méritos (artigo 38.b) da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, e artigo 7.4 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

Denominación do posto: técnico de administración xeral.

Número de postos: 1.

Subgrupo: A1.

Escala/subescala: admón. xeral. Subescala técnica.

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Persoal laboral

Denominación do posto: chofer.

Número de postos: 1.

Subgrupo: C2.

Categoría profesional: chofer.

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto: limpador/a (tempo completo).

Número de postos: 1.

Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP (Lei 7/2007) (antes E).

Categoría profesional: limpador/a.

Tipo de provisión: concurso-oposición.

Denominación do posto: conserxe-limpador/a CEIP.

Número de postos: 1.

Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP (Lei 7/2007) (antes E).

Categoría profesional: conserxe-limpador.

Tipo de provisión: concurso-oposición.