Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/IGVS/CMATV/2019/00177 interposto contra a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), ditada no expediente 201836ALUG02774Z.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Úrsula Araújo Fernández a resolución do recurso de alzada RA/IGVS/CMATV/2019/00177, do 15 de novembro de 2019 interposto contra a resolución do director xeral do IGVS do 24 de xullo de 2019, denegatoria dunha axuda ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: 201836ALUG02774Z.

Interesada: Úrsula Araújo Fernández.

Acto notificado: resolución de recurso.