Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1952

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual oitava das normas subsidiarias de planeamento de Bergondo, núcleo de Gandarío (expediente 2019/U032/000003).

O Pleno municipal de Bergondo, na súa sesión ordinaria do 28 de novembro de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual oitava das normas subsidiarias de Bergondo, núcleo de Gandarío, redactado pola arquitecta María Ríos Carballeira, coas puntualizacións efectuadas polos servizos técnicos adscritos ao departamento de urbanismo do Concello de Bergondo, para dar cumprimento á sentenza de apelación núm. 42/20185, ditada pola Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O que se fai publico para xeral coñecemento.

Tanto o instrumento de planeamento coma o expediente sométense a información publica durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficia de Galicia, poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na páxina web do Concello (http://bergondo.gal/), e mediante a consulta nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Co acordo de aprobación inicial suspéndese a tramitación das licenzas de parcelación, edificación e demolición da área afectada, que é a delimitada nos planos ORD 02 e OR3 da modificación puntual, durante o prazo máximo de dous anos contados a partir da data de aprobación inicial deste instrumento de ordenación, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Bergondo, 2 de decembro de 2019

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa