Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 31/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Niurka Formoso Álvarez contra a empresa Jesús Liñares Illodo e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:
«Que, estimando integramente a demanda interposta por Niurka Formoso Álvarez contra Jesús Liñares Illodo, debo condenar e condeno o empresario demandado a aboarlle á demandante a suma de 2.048,40 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais, que comportan 1.514,03 euros brutos, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios, que comportan 534,37 euros brutos, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.
No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.
Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.
Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Liñares Illodo, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019
A letrada da Administración de xustiza

 
					
