Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de técnico/a de Xuventude, Orientación Laboral e Responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de decembro de 2019, de aprobación de bases e convocatoria para cubrir praza vacante da Omix.

No Boletin Oficial da provincia de Pontevedra núm. 6, do 10 de xaneiro de 2020, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir a vacante (1) de técnico/a de Xuventude, Orientación Laboral e Reponsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix), persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello (http://soutomaior.sedelectronica.es).

Soutomaior, 10 de xaneiro de 2020

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde