Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, número 51 , 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidos da súa petición.

Pontevedra, 20 de decembro de 2019

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 136/2019, do 10 de outubro; DOG núm. 208)
Beatriz Agrelo Lorenzo
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data requirimento

25565

Y7005146G

18.10.2019

25642

Y6530966S

18.10.2019

25655

Y6548836Z

18.10.2019

25749

Y6630817T

25.10.2019

26751

Y7088153G

24.10.2019

26760

Y5061510Y (representante: Y0265017W)

24.10.2019

26762

Y5390920X (representante: Y0265017W)

24.10.2019

26981

YC583059

4.11.2019

27218

Y4863882V

24.10.2019

27394

145267485 (representante: 39460708E)

6.11.2019

27398

120643929

6.11.2019

27700

Y6556831M

7.11.2019

27730

Y7032639N (representante: Y7032407X)

8.11.2019

28115

110011143

13.11.2019

28352

AU782853

20.11.2019

28354

AU783134 (representante: AU782853)

20.11.2019

31905

Q550650

12.11.2019