Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños 514, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 27 de novembro de 2019, autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela núm. 514 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 123,87 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antiga titular: Rosa Fernández Fernández.

Nova titular: Rosa María Joao Fernández (***6472**).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 26 de decembro de 2019

A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 26.9.2017)
Dolores Sánchez Gil
Xefa do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica