Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 26 de decembro de 2019, autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela núm. 112-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 400,92 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Antigos titulares: Rosa Fernández Fernández e Mario Joao Braz.
Novo titular: Cristian López Joao (***8962**).
O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: o novo titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 26 de decembro de 2019
A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 26.9.2017)
Dolores Sánchez Gil
Xefa do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica