Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2960

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación provisional do estudo de ordenación da delimitación dos treitos urbanos en solo de núcleo rural na Rede provincial de estradas no concello de Muíños.

Con data do 16 de decembro de 2019, mediante resolución da Presidencia da Deputación de Ourense, aprobouse provisionalmente o estudo de ordenación da delimitación dos treitos urbanos en solo de núcleo rural na Rede provincial de estradas no concello de Muíños, e ao abeiro do establecido no artigo 63.4 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, acordouse o sometemento ao trámite de información pública do expediente.

A duración da información pública será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que o estudo pode ser examinado polas persoas que o desexen co obxecto de formularen as alegacións que consideren oportunas, que deberán versar sobre a xustificación do establecemento da liña límite de edificación na forma proposta no expediente.

Durante o dito prazo, o expediente estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

– Nas oficinas da Área de Infraestruturas, sitas no segundo andar do Pazo Provincial; r/ Progreso, nº 32, en Ourense, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Na casa do concello de Muíños.

– Na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense: https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PT S_TABLON&lang=GA.

Ourense, 17 de decembro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense