Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2958

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación provisional do estudo de ordenación da delimitación dos treitos urbanos en solo de núcleo rural na Rede provincial de estradas no concello de Carballeda de Avia.

Con data do 3 de decembro de 2019, mediante resolución da Presidencia da Deputación de Ourense, aprobouse provisionalmente o estudo de ordenación da delimitación dos treitos urbanos en solo de núcleo rural na Rede provincial de estradas no concello de Carballeda de Avia, e ao abeiro do establecido no artigo 63.4 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, acordouse o sometemento ao trámite de información pública do expediente.

A duración da información pública será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que o estudo pode ser examinado polas persoas que o desexen co obxecto de formularen as alegacións que consideren oportunas, que deberán versar sobre a xustificación do establecemento da liña límite de edificación na forma proposta no expediente.

Durante o dito prazo, o expediente estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

– Nas oficinas da Área de Infraestruturas, sitas no segundo andar do Pazo Provincial, r Progreso, nº 32, en Ourense, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Na casa do concello de Carballeda de Avia.

– Na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense: https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PT S_TABLON&lang=GA.

Ourense, 3 de decembro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense