Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2592

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 2910/2019).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicacion 2910/2019

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 341/2018 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrentes: José Ramón Olivieira Rey

Avogada: María Estrella Piñeiro Rodríguez

Procuradora: Andrea Estévez Santoro

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Alfredo Angueira, S.L., Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araújo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2910/2019, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Alfredo Angueira, S.L., Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos: que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto por José Ramón Oliveira Rey, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo do 21 de decembro de 2018, e con revogación da súa parte dispositiva, debemos declarar que o traballador recorrente se encontra en situación de incapacidade permanente parcial, con dereito a percibir a correspondente indemnización a tanto global consistente en 24 mensualidades da base reguladora de 1.439,42 euros/mes, e condenamos a Mutua Gallega e a mutua Fremap nos termos expostos na presente resolución.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado perante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., con último domicilio coñecido en Casalderrique, Carracedo, 8, Caldas de Reis (Pontevedra), actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG, e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza