Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2602

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (SS 853/2016).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 853/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Purificación Villasenín Bouzas contra Texcomcor 2007, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, sobre seguridade social, se ditou a Resolución do 19 de decembro de 2019 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Texcomcor 2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza