Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2605

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Salamanca

EDICTO (PO 646/2019).

PO. Procedemento ordinario 646/2019

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Rubén González Sánchez

Avogado: José Ignacio Risueño Fernández

Demandados: Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello, Geconsa Espj, Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Manuel J. Marín Madrazo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, fago saber que no procedemento ordinario 646/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén González Sánchez contra Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello, Geconsa Espj e Fogasa, se ditaron a Sentenza do 29 de novembro de 2019 e o Auto do 17 de decembro de 2019, cos seguintes encabezamentos e resolución/parte dispositiva:

Sentenza nº 380/2019.

Salamanca, 29 de novembro de 2019.

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, María Rosario Alonso Herrero, estes autos nº 646/2019, seguidos por instancia de Rubén González Sánchez, como demandante, representado polo letrado José Ignacio Risueño Fernández, contra Geconsa, entidade sen personalidade xurídica, Miguel Ángel Simón Cabello, Lucía Tejedo Muíña, que non compareceron en autos, e o Fogasa, representado polo letrado Juan Carlos Sánchez García, como demandados, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda de reclamación de cantidade deducida por Rubén González Sánchez contra a empresa Geconsa, entidade sen personalidade xurídica, Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello e Fogasa, debo condenar e condeno os demandados a lle aboaren solidariamente ao demandante a cantidade de cinco mil seiscentos seis euros con corenta e sete céntimos (5.606,47) máis o xuro do 10 % anual, con responsabilidade subsidiaria de Fogasa nos termos legalmente establecidos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que, contra ela poden interpor recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla y León, con sede en Valladolid, o cal deberá ser presentado ante este xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación de comparecencia ou por escrito.

Se a recorrente for a empresa demandada, deberá consignar o importe da condena no Banco Santander desta capital, conta número 3704/0000/65/0646/19, presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio, e depositar a cantidade de 300 euros na referida conta presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio; poderase substituír o primeiro dos depósitos mencionados por aval bancario en que conste a responsabilidade solidaria do avalista e deberán efectuarse, de ser o caso, os depósitos separadamente e acreditarse por xustificantes diferentes.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Auto:

Maxistrada xuíza: María Rosario Alonso Herrero.

Salamanca, 17 de decembro de 2019.

Parte dispositiva:

Desestímase a solicitude de aclaración de sentenza formulada polo letrado José Ignacio Risueño Fernández en representación de Rubén González Sánchez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso que, de ser o caso, proceda contra a sentenza.

Así o acordo e asino.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello e Geconsa Espj, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Salamanca, 19 de decembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza