Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2861

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Logo de aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, mediante o Acordo do Pleno, do 13 de decembro de 2019, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (https://concellodecospeito.sedelectronica.es).

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. As áreas afectadas pola suspensión son «todo o termo municipal».

Cospeito, 19 de decembro de 2019

Armando Castosa Alvariño
Alcalde