Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 23 de decembro de 2019 polo que se dá publicidade aos informes de fiscalización presentados no Parlamento de Galicia o 20 de decembro de 2019.

O artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, establece que o resultado das fiscalizacións se fará constar por medio de informes, mocións ou notas dirixidas á autoridade, organismo ou entidade que afecten, e de memorias ordinarias ou extraordinarias, que se elevarán ao Parlamento de Galicia, con remisión de copias á Xunta de Galicia e ás indicadas autoridades, organismos e entidades afectadas, e que se farán públicos a través dos medios dixitais do Consello e do Parlamento. O Diario Oficial de Galicia publicará o correspondente anuncio da publicación, no que constará a ligazón que permita acceder ao texto completo dos informes.

Con data do 20 de decembro de 2019, eleváronse ao Parlamento de Galicia os informes aprobados polo Pleno do Consello que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto legalmente, o texto completo dos informes está á disposición de calquera interesado no portal web do Consello de Contas.

Estes informes pódense consultar na ligazón http://www.consellodecontas.es/es/menus-consello/fiscalizacion/informes.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

José A. Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia

PT 2018

Informe de fiscalización sobre a actuación das entidades locais de Galicia de máis de

10.000 habitantes en materia ambiental. Exercicios 2017-2018

PT: plan anual de traballo