Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (149/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 149/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Luis Casal Suárez contra as empresas Coprosider, S.L., Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U. e Aceros y Metales Marfer, S.L., sobre ordinario, se ditou en data do 27.12.2019, auto despachando execución, recorrible en reposición no prazo de tres días e decreto, recorrible en revisión no prazo de tres días, os cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Coprosider, S.L., Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U. e Aceros y Metales Marfer, S.L., todos eles en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza