Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 288/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Muñoz Rodríguez contra Óscar Pérez López, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 288/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 12 de febreiro de 2020, na planta baixa, sala 3, no edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación, ás 9.50 horas, e, de ser o caso, xuízo, ás 10.00 horas. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Comunícaselle á demandada que está ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado copia da demanda e documentos adxuntos e tamén ao seu dispor as actuacións para a súa consulta.

Solicitáronse as seguintes probas: interrogatorio do representante legal da parte demandada, empresa Óscar Pérez López, S.L., e documental que se deberá achegar no prazo de cinco días: recibos de salarios desde xullo de 2019 ata a actualidade; vida de CCC da empresa desde o 1 de xullo de 2019 e documentos de cotización desde o 1 de xullo de 2019 ata a actualidade e xustificante de pagamentos destes.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través do asigno de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Óscar Pérez López, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza