Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3177

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento MR712A).

BDNS (Identif.): 491562.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Todos os concellos de Galicia.

Segundo. Obxecto

Apoio á execución de proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento MR712A).

Cuarto. Contía

Os proxectos subvencionados ao abeiro desta convocatoria están confinanciados con Feader no marco da medida 7.4 do PDR de Galicia 2014-2020, de acordo coa seguinte distribución plurianual e por fontes financeiras:

Anualidade

Importe

Desagregación por fontes financeiras

Feader (75 %)

Fondos Mapa (7,5 %)

Fondos Xunta (17,5 %)

2020

860.000 €

645.000 €

64.500 €

150.500 €

2021

860.000 €

645.000 €

64.500 €

150.500 €

Total

1.720.000 €

1.290.000 €

129.000 €

301.000 €

Conta orzamentaria 14.A1.712A.760.0

Código proxecto: 2019-00003

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de corenta e cinco (45) días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sexto. Outros datos

A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de subvención do 80 % dos custos subvencionables, ata un máximo de 50.000 € de axuda.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural