Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3650

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 9 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado por Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada por Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 29 de xaneiro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2020

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal