Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3653

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea novo membro suplente do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 21 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm 103, do 3 de xuño), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Na súa base sétima disponse que o/s tribunal/is cualificador/es do concurso-oposición será/n nomeado/s pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao día da data de realización das probas, e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 25 de novembro), nomeáronse os tribunais cualificadores, modificada mediante a Resolución do 26 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 228, do 29 de novembro).

Na antedita base sétima disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de causa de abstención nun dos seus membros suplentes, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Único. Nomear, con efectos da data desta resolución, novo membro suplente do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, sistema de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 3 de xuño), nos termos que a continuación se indican:

Vogal suplente. Merino Rielo, José Benito. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, en substitución de Gómez Granda, Héctor Manuel. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos