Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3401

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A).

BDNS (Identif.): 492430.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Entidades beneficiarias

– As asociacións de entidades de economía social.

– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.

– As cámaras de comercio.

– As universidades.

– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.

Segundo. Obxecto e finalidade

Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a seiscentos trinta e tres mil novecentos euros (633.900,00 €), distribuído en dúas anualidades: anualidade 2020, 225.990,00 €; anualidade 2021, 407.910,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria