Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3585

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se realiza a publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes deben publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e a finalidade, previsión así mesmo contida no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que se realiza a correspondente publicación.

Convocatoria:

Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG núm. 151, do 9 de agosto de 2017).

Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2017).

Orde do 8 de maio de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG núm. 94, do 18 de maio de 2018).

Finalidade: as subvencións destináronse a financiar os concellos galegos para a mellora ou adaptación de infraestruturas e/ou dotación de equipamento en espazos públicos e edificios destinados á prestación de servizos públicos co fin de garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación.

Crédito orzamentario total:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Anualidade

Total

12.04.312E.760.1

2016 000169

2017

62.711 €

2018

1.096.891 €

Total

1.159.602 €

Beneficiarios, actuación subvencionada e importe concedido: as contías e entidades beneficiarias por cada un dos programas relaciónanse no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

A conselleira de Política Social
P.D. (Artigo 20.1 da Orde do 21.7.2017)
Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Relación de axudas concedidas

Expediente

Entidade beneficiaria

Actuacións

Importe da subvención

01-2017.BS701A.AC

Concello do Porriño

Acondicionamento de beirarrúas para a mellora da accesibilidade na avda. Domingo Bueno: ampliación, pavimentación, adaptación de vaos e pasos de peóns, recolocación de mobiliario, instalación de varandas e pasamán e sinalización

60.000,00 €

03-2017.BS701A.AC

Concello de San Cibrao das Viñas

Mellora da accesibilidade do Centro Social (biblioteca/Axencia de Lectura): adaptación de aseo

5.226,77 €

10-2017.BS701A.AC

Concello de Oímbra

Mellora da accesibilidade no contorno do Concello e do Centro de Saúde: itinerario peonil, adaptación de rampla e dotación de praza de aparcadoiro

60.000,00 €

11-2017.BS701A.AC

Concello de Porto do Son

Acondicionamento de beirarrúas nas rúas Camiño Novo, Jorge Lorenzo e Igrexa e Paseo de Coira

54.335,05 €

13-2017.BS701A.AC

Concello de Barbadás

Mellora da accesibilidade na vila da Valenzá (rúas avda. de Celanova, Guerrera e Porto do Río): adaptación de beirarrúas e paso peonil

30.216,27 €

15-2017.BS701A.AC

Concello de Portomarín

Mellora da accesibilidade na piscina municipal: itinerarios, ducha, guindastre e aseos

41.999,01 €

16-2017.BS700A.AC

Concello de Oza-Cesuras

Construción de itinerario de acceso á igrexa de Sta. María de Cutián

21.598,54 €

19-2017.BS701A.AC

Concello da Laracha

Adaptación de pasos peonís e instalación de sistemas de reforzo lumínico na avda. Finisterre e na avda. de Bergantiños (AC552)

50.731,72 €

21-2017.BS701A.AC

Concello de Cerceda

Mellora da accesibilidade da casa do concello no seu acceso ao concello e xulgado (itinerario e aseo).

44.520,81 €

22-2017.BS701A.AC

Concello das Pontes de García Rodríguez

Mellora da accesibilidade nos edificios municipais: CEIP A Fraga (dotación de aseo adaptado), Casa do Peso (prazas adaptadas no salón de actos) e Cine Alovi (prazas adaptadas)

29.646,98 €

23-2017.BS701A.AC

Concello de Ames

Creación de itinerarios accesibles no contorno da praza da Maía-Bertamiráns (pavimentación, vaos de acceso, praza de aparcadoiro e sinalización horizontal)

25.393,06 €

29-2017.BS701A.AC

Concello da Lama

Mellora da accesibilidade na praia fluvial Ponte Verdugo: itinerario, adaptación de beirarrúas e dotación de prazas de aparcamento, mobiliario, elementos lúdicos e sinalización accesibles

28.360,26 €

35-2017.BS701A.AC

Concello de Ares

Instalación de ascensor no pavillón de deportes

20.128,96 €

40-2017.BS701A.AC

Concello de Poio

Mellora da accesibilidade nas instalacións municipais-edificacións da Reiboa: adaptación de accesos, instalación de ascensor e dotación de aseo.

42.577,12 €

49-2017.BS701A.AC

Concello de Guntín

Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construción de rampla de acceso)

27.650,00 €

51-2017.BS701A.AC

Concello de Vilagarcía de Arousa

Mellora da accesibilidade nas vías coñecidas como Travesías Alejandro Cerecedo: creación de itinerarios accesibles e dotación de vaos e pasos de peóns e mobiliario

21.551,43 €

53-2017.BS701A.AC

Concello do Grove

Casa do concello: instalación de ascensor

55.124,22 €

59-2017.BS701A.AC

Concello de Catoira

Mellora da accesibilidade no Parque Infantil da Alameda: itinerarios de acceso, praza de aparcamento, pavimentación e instalación de elementos de xogo

59.073,14 €

60-2017.BS701A.AC

Concello de Cabana de Bergantiños

Auditorio municipal: instalación de ascensor

18.629,77 €

62-2017.BS701A.AC

Concello de Noia

Mellora da accesibilidade na piscina municipal e o seu contorno: itinerario, ramplas de acceso, praza de aparcamento e vestiario

20.764,03 €

64-2017.BS701A.AC

Concello de Moaña

Adaptación e mellora da accesibilidade no Parque Infantil de San Bartolomeu: ramplas de acceso, itinerarios interiores, acondicionamento e instalación de elementos de xogo

47.092,09 €

72-2017.BS701A.AC

Concello do Covelo

Reforma de praza municipal e contorno desde a perspectiva do deseño e da accesibilidade universal: paso de peóns, praza de aparcamento, pavimentación, itinerarios interiores e instalación de mobiliario e elementos lúdicos

43.235,48 €

73-2017.BS701A.AC

Concello de Castrelo de Miño

Reforma do Centro de Saúde de Paradela para garantir a accesibilidade e supresión de barreiras: instalación de varanda para rampla e reforma de aseo (redistribución e dotación de equipamento)

1.630,48 €