Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3580

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2019 pola que se inscribe a Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago Levante Sureste no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos

A Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago Levante Sureste presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 4 de decembro de 2019.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 17 de decembro de 2019 sobre a solicitude en que se constata que a Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago Levante Sureste persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago Levante Sureste sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 218.

Réxime de recursos

A presente resolución pon fin á vía administrativa. Contra ela poderase interpor potestivamente un recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén pode ser impugnada directamente cun recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a recepción desta notificación, perante esa orde xurisdicional.

En ningún caso se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición, de ter sido presentado, sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. O anterior, de acordo co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

O conselleiro de Cultura e Turismo
P.D. (Orde do 21.3.2019)
Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural