Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3665

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (862/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social numero 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 862/2016 por instancia de José Manuel Fernández Marcote contra Fraternidad-Muprespa, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, Granitos Cid, S.L. e Mutua Fremap sobre determinación de continxencia, nos cales foi ditada sentenza no 27.9.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido estimar a demanda interposta por José Manuel Fernández Marcote contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fraternidade, a Mutua Fremap e a empresa Granitos Cid, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase que a continxencia da incapacidade permanente total aprobada o 27 de maio de 2016 é a enfermidade profesional desde o inicio daquela con dereito do demandante a percibir as prestacións correspondentes.

– Condénase o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a Mutua Fraternidade Muprespa a aboaren a prestación conforme a seguinte porcentaxe:

• Mutua Fremap: 3,37 %.

• Mutua Fraternidad Muprespa: 11,96 %.

• Instituto Nacional da Seguridade Social: 84,68 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta coa manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e firma Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Granitos Cid, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2020.

A letrada da Administración de xustiza