Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2020 Páx. 4034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 23 de decembro de 2019 polo que se fai pública a resolución do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo segunda edición.

Mediante a Orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 27 de decembro de 2018 (publicada no DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2019), aprobáronse as bases reguladoras e convocouse a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. O dito premio foi dotado cun importe de 3.500 €, segundo o establecido pola base terceira da convocatoria.

Segundo o establecido na base novena da dita Orde do 27 de decembro de 2018, «o xurado poderá propoñer deixar deserto o premio cando ningún dos traballos presentados reúna os requisitos exixibles». Con data do 3 de decembro de 2019 reuniuse o referido xurado para deliberar e tomar unha decisión verbo da adxudicación do premio e, tras as correspondentes deliberacións, o xurado propón que se declare o premio deserto. De acordo co sinalado pola base décimo primeira da dita orde, a resolución de adxudicación do premio realizarase, de acordo coa proposta do xurado, polo que mediante a Resolución da directora da EGAP, do 23 de decembro de 2019, se declarou deserto o Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo segunda edición. Esta resolución foi ditada por delegación en virtude do disposto polo ordinal 1º i) da Resolución da Dirección da EGAP, do 17 de decembro de 2007, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 23 de decembro de 2019 de non concesión do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo segunda edición, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na referida Orde do 27 de decembro de 2018 e que literalmente di:

«En vista de todo o exposto,

RESOLVO:

Declarar deserto o Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo segunda edición.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no dito boletín oficial, de acordo co disposto no artigo 46.4 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007, DOG. núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública